viernes, 23 de octubre de 2009

Goya na Casa de Cultura de Moraña

O vindeiro 30 de Outubro inaugurarase a Exposición de "Los desastres de la Guerra" de Francisco de Goya.
Para a inauguración contaremos coa presencia dun membro do Museo de Pontevedra, quen nos fará descubrir os misterios da exposición.
Para pechar o acto, estará con nós a Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela.
A exposición estará na Casa de Cultura "A.D.R. Castelao" dende o 30 de Outubro ata o 15 de Novembro.
Desexamos que vos guste e que a disfrutedes todos!